Avançar para o conteúdo principal

INSULTOS E NOMES DESPECTIVOS

Ligazóns: Insulta en galego

Comentários

  1. MARMANXO: persoa aparvada, pouco espelida, torpe.
    Tamén existe o aumentativo marmanxón.
    En portugués existe marmanjo e marmanjão.
    Arcade (Soutomaior), Torroso (Mos).

    ResponderEliminar
  2. XALBOTE/A: persoa inocentona, sen malicia, pouco espelida que non se sabe defender ben.
    Tamén existe a variante xarbote noutras zonas como Moraña.
    Torroso (Mos), Arcade (Soutomaior).

    ResponderEliminar
  3. POUFEIRO/A: persoa sedentaria que está sempre sentada, que lle custa moverse, que se cansa sempre está setada seguido.
    -Es máis poufeiro mighiño, tás todo o día deitado coma unha vaca!!
    Tamén existe a variante foupeiro/a recollida no Dicionario de Dicionarios.
    Torroso (Mos).

    ResponderEliminar
  4. XOTO/A: persoa pouco espelida, que non é ben axexada, que lle falta unha fervura.

    Torroso (Mos), Arcade (Soutomaior)

    ResponderEliminar
  5. MARÍA GHOBERNICHO: Persoa á que lle gusta mandar nos demáis e organizar todo sen ter en conta a opinión doutras persoas.

    - Es unha María Ghobernicho, todo o hai que facer como ti dis!

    ResponderEliminar
  6. ZAMPANÒ: parvo, parvallán. Palabras textuais: "un parvallán, que non sea parvo de todo, que non sea atrasado de todo, un parván".
    No Dicionario de dicionarios aparecen as formas: zampá, zampán, zampón cos significados de gordo, comellón, odre.

    Arcade (Soutomaior)

    ResponderEliminar
  7. PAMPALLÓN, PAMPALLONA: aparvado, parvallán, apampado.

    Torroso (Mos), Arcade (Soutomaior)

    ResponderEliminar
  8. LAPAXOUBAS: persoa de pouco carácter, pouco espelido; xanciño, parván, parvallán.

    ResponderEliminar
  9. MANDILEIRO: home que se mete en cousas de mulleres; maría mandiles, coneiro.

    Torroso (Mos), Arcade (Soutomaior).

    ResponderEliminar
  10. GALERA: muller mala e agresiva que anda sempre metida en liortas. Desvergonzada, que lle gusta a festa. Tamén se utiliza para as galiñas malas que lle petan ás outras e as que escapan sempre do galiñeiro.
    No Dicionario de dicionarios aparece garela; en Lugo dise galoria.
    Torroso (Mos), Arcade (Soutomaior)

    ResponderEliminar
  11. COIRÓN: persoa dura que non a afecta nada, que non demostra os seus sentimentos ou que non os ten.
    -É coma un coirón, morreulle o pai hai unha semana e anda tan campante.
    -Ese é un coirón de muito nabo, non chora por nada.
    Torroso (Mos), Arcade (Soutomaior)

    ResponderEliminar
  12. CABALOTO: persoa brutallona; cabalón.

    -Que cabaloto é, bótache unha man ó lombo e desfaite.

    Torroso (Mos), Arcade (Soutomaior)

    ResponderEliminar
  13. GHAIPIRO: home pequeno e fraco, sobre todo fraco, cativo. Cirighaitas, esfilítico.
    -Pero que home é ese, ese é un ghaipiro, vén o vento e lévao.
    CIRIGHAITAS: home moi fraco. Esfilítico.
    -Pero a onde vai ese cirighaitas, daslle unha piña e chegha ó ceu

    Esfilítico de sifilítico.

    Torroso (Mos)

    ResponderEliminar
  14. PISIÑAS: home sen carácter que se deixa dominar por calquera. Home débil e apoucado; xanciño, panxoliño.
    -Ese é un pisiñas, a muller fai del un pandeiro.
    Torroso (Mos)

    ResponderEliminar
  15. CHAMBRIÑAS: home sen carácter, apoucado, xanciño, panxoliño.

    ResponderEliminar
  16. PANXOLIÑO/-A: persoa sen carácter, pouca cousa, debilucho, tanto no carácter coma fisicamenta; chaíñas, chambriñas, pisiñas.

    É curioso que tódolos insultos para homes están relacionados con cousas femininas ou con cousas pequenas:
    -chambriñas de chambra que é unha camisa de muller, unha blusa.
    -pisiñas de pisa, pisa pequena.
    -xanciño, un Xan pequeno.
    -chaíñas
    -mandileiro de mandil.
    -María mandiles
    -coneiro de cona.
    E seguro que hai moitos máis.

    ResponderEliminar

Enviar um comentário

Mensagens populares deste blogue

O TEMPO

En galego para falar do tempo, tanto o cronolóxico coma o atmosférico, hai unha serie de expresións propias e diferentes dos idiomas veciños. Para falar do tempo cronolóxico empréganse tres verbos: HABER, FACER e IR, que moita xente confunde, supoño que por interferencia do castelán. O verbo HABER utilízase para falar dun tempo sen un principio nin un final determinado, sen unha referencia temporal expresa. Cando dicimos hai unha semana , hai un mes , enténdese que dende o momento en que falamos para atrás hai unha semana ou un mes, pero non se marca con precisión o comezo exacto. O verbo FACER utilízase acompañado dun adverbio temporal, que pode estar omitido, para indica-lo momento exacto a partir do cal contamo-lo tempo que queremos expresar: hoxe fai dúas semanas que marchou que é diferente de hai dúas semanas que marchou , onde se expresa unha temporalidade aproximada. Con este mesmo significado e uso o verbo FACER emprégase para os aniversarios, en galego os anos fanse non se