Avançar para o conteúdo principal

ESTRANXEIRISMOS ADAPTADOS

Cando a nosa xente adapta na oralidade palabras novas: estranxeirismos ou latinismos, faino seguindo unhas normas internas da lingua de chegada. Desas adaptacións podemos tirar moita información da estrutura interna da lingua e da gramática dos falantes.

Comentários

  1. Hai palabras que se incorporaron á lingua hai pouco a través da oralidade e os falantes crearon diferentes versións, adaptándoas á súa gramática como por exemplo: iobur, iabur, espadetes, quive, tene e tenes, hipopótano, causula, etc. Inda que moita xente as considera vulgarismo e mesmo motivo de risa, din moito da nosa lingua.

    ResponderEliminar
  2. Moi boas Sío,

    Pois téñoche unha. A miña nai chámalle ás hamburguesas, "frecadelas". Sospeito que provén do alemán: (die) Frikadelle(-n). Precisamente significa 'hamburguesas' ou 'albóndega'.

    Gabriel Pérez Durán

    ResponderEliminar
  3. É moi interesante estudar a adpatación de neoloxismos e estranxeirismos no galego, sobre todo os que se fan oralmente. Pensando nas palabras pouco comúns que utilizo eu ou que utilizamos na miña casa, ocórrenseme algunhas curiosas:
    -Desafil: na miña casa sempre pensamos que era o máis normal e incluso na escola a utilizabamos, en Mos, e nunca me pareceu "rara", pero o relacionarme con xente de fóra deime conta de que non entende estas palabras. Desafil vén de "Tesa film" unha marca comercial de cinta adhesiva, tamén teño oído "tesafil".
    -"Gurasán" por curasán de croisant. Na miña casa sempre dicimos "gurasán" sen gheada, cando nós falamos con gheada. É curioso, lin por aí que houbo ou hai unha tendencia, no galego e creo que tamén no castelán, a incorporar os estranxeirismos que comezan por consoante oclusiva xorda con oclusiva sonora. Hai formas aceptadas pola norma e amplamente difundidas con esta mudanza: "gravata" ou "gharavata" seica vén do italiato "cravatta" e este do francés "cravate" de croata, porque parece ser que os cabaleiros croatas a usaban.

    ResponderEliminar
  4. Hai outros estranxeirismos curiosos e de ampla difusión como GHASOI de "gasoil" como é normal no galego despois dun ditongo non pode haber unha consoante trabada, de aí gasoi.
    TRAILE sen erre final do inglés "trailer" no inglés non se pronuncia e o grupo -er átono en posición final de sílaba e moi raro en galego. Esta forma tende a desaparecer porque os medios de comunicación difunden a forma escrita do inglés.
    PICHE estou case seguro que esta palabra vén do inglés "pich" e este do latín PICE, a forma patrimonial a partir de PICE é pez. Pois esta palabra, piche, pensei que só se dicía por Mos, pero estiven investigando e dise por toda a costa atlántica de Galicia e do norte de Portugal co significado de alcatrán, pez, brea, breu. En Mos imos máis alá e dicimos EMPICHAR unha estrada.
    INDICIÓN, esta éche ben curiosa, ou penso eu que é ben curiosa, ten que vir do castelán "inyección" e esta vén do latín INIECTIONE de onde vén a forma normativa galega "inxección" e o portugués "injecção". A explicación do -d- debe ser unha interpretación da africada -y- do castelán como -d-. A pregunta é, como non se adaptou co fonema correspondente á grafía ll? Pois é posible que sexa porque a palabra entrou na lingua antes da deslateralización do fonema correspondente á dobre ele, e tamén axudado polo /n/ inicial que ten antes, xa que /n/ reforza as consoantes que van despois.

    ResponderEliminar
  5. Unha corrección, en inglés é PITCH non "pich".

    ResponderEliminar
  6. Do inglés hai moitos calcos ou préstamos ou copias, como se lle queira chamar. Na zona da costa hai moitísimas palabras curiosas, eu teño oído algunha pero hai moitísimas máis: SAMBE de "sandwich" seica se di pola Costa da Morte.
    BICHICOMA ou bichicona de "bitch in corner" 'puta na esquina', esta é xenial, para referirse a unha persoa apreveitada, que pisa a quen faga falta para subir, o que en castelán é un "trepa".
    LANCHE e LANCHAR do inglés "lunch".
    GHALIBOTE, o que hoxe se coñece como fletán, do francés, antes da "guerra do fletán" os mariñeiros seica lle chamaban ghalibote, do inglés "halibut".

    ResponderEliminar
  7. Inda non hai moito oín dicir MANCONTRO para walkie-talkie, seica se usa na costa.

    ResponderEliminar
  8. A respecto do comentario de DESAFIL, GURASÁN e GRAVATA hai outros exemplos de préstamos co mesmo comportamento fonético: gabinete do francés "cabinet", bote do inglés "pot", budin do inglés "pudding".

    ResponderEliminar
  9. Máis prestamos que utilizo: QUEIQUE do inglés "cake", esta é unha forma moi estendida. ESPIQUE do inglés "speaker", un espique é unha persoa que fala moito, molesta, que está sempre interrompendo e meténdose en conversas alleas, unha persoa que sempre ten algo que dicir, que non para de falar.
    -Tá calado un pouco, pareces un espique.
    -Es coma un espique, non hai quen te aghuante.

    ResponderEliminar
  10. CÁUSULA por cápsula.
    GHARSÉ forma adaptada do castelán "jersey".
    IABUR ou IOBUR por iogur.
    PISTINA por piscina.
    ANORÁS por anorak.
    ESPADETES por espaguetes, seguramente por unha asociación con espada.

    ResponderEliminar
  11. A acomodación ó galego de iogur e espaguete con outras consoantes oclusivas intervocálicas e non con [g] ou con [h] debe ser pola gheada, en moitas zonas hai falantes, sobre todo os máis vellos, que na súa fala, na súa gramática non existe o fonema /g/ porque se converteu en [h] ou en [k] despois de nasal: ghato, mighalla, dominco, ancazo,ninquién, etc. Polo tanto adáptase o [g] co son máis próximo e tendo en conta os outros fonemas cos que están en contacto: iobur con [b] porque está entre dúas vogais labiovelares; espadete adáptase con [d] porque está diante dunha vogal anterior e cerca dunha oclusiva dental /t/, aínda que seguramente tamén funcionou a asociación con espada.

    ResponderEliminar
  12. Teño unha palabra que se oe poucas veces e ten toda a pinta de ser un estranxeirismo: GHRECHORI. Un ghrechori é un "puticlú", un prostíbulo. Estiven buscando e non teño nin idea de onde puido saír.

    ResponderEliminar

Enviar um comentário

Mensagens populares deste blogue

ESCARPÓN

O escarpón ( de escorpión ) é un insecto subterráneo que escaba galerías onde vive e se alimenta de raíces. Ó come-las raíces seca as plantas, polo que é prexudicial para os cultivos. Antes, cando se labraban as veigas mandábanse os rapaces a apañalos, xa que ó vira-la leibua o arado quedaban ó aire. O nome científico é Gryllotalpa gryllotalpa. Nalgúns dicionarios aparece o nome alacrán ceboleiro,  que curiosamente é idéntico ó nome castelán. Outros nomes en galego son relo , rela e tamén grilo ceboleiro .

O TEMPO

En galego para falar do tempo, tanto o cronolóxico coma o atmosférico, hai unha serie de expresións propias e diferentes dos idiomas veciños. Para falar do tempo cronolóxico empréganse tres verbos: HABER, FACER e IR, que moita xente confunde, supoño que por interferencia do castelán. O verbo HABER utilízase para falar dun tempo sen un principio nin un final determinado, sen unha referencia temporal expresa. Cando dicimos hai unha semana , hai un mes , enténdese que dende o momento en que falamos para atrás hai unha semana ou un mes, pero non se marca con precisión o comezo exacto. O verbo FACER utilízase acompañado dun adverbio temporal, que pode estar omitido, para indica-lo momento exacto a partir do cal contamo-lo tempo que queremos expresar: hoxe fai dúas semanas que marchou que é diferente de hai dúas semanas que marchou , onde se expresa unha temporalidade aproximada. Con este mesmo significado e uso o verbo FACER emprégase para os aniversarios, en galego os anos fanse non se