As linguas teñen moitas expresións e frases feitas con significados que non podemos deducir pola suma do significado de cada un dos seu compoñentes, estas frases feitas incorpóranse á lingua como un todo indivisible ó que se asocia un sentido. Isto permite que moitas frases feitas, dende un punto de vista histórico, se formen sen un sentido lóxico se partimos dos seus constituíntes, xa que funcionan como un todo que non se pode separar. Na frase do castelán "echar de menos" non podemos adiviñar o significado partindo dos seus compoñentes inmediatos e mesmo partindo do polisémico "echar" parece difícil reconciliar este verbo co significado global da expresión. É por isto que moitos etimoloxistas e entendidos no tema din que esta frase feita do castelán é un calco de "achar de menos" ou "achar en falta" do galego-portugués medieval, que parece que ten máis sentido, sobre todo, se temos en conta expresións do galego moderno como "(a)topar en falta", "(a)topar de falta", "topar a faltar", "encontrar de falta", "encontrar a faltar", "notar en falta", "notar a falta de" que teñen unha formación idéntica a "achar de menos".
O máis curioso de todo é que esta frase feita volveu ó galego a través do castelán, e para adaptala ó galego moderno volveuse refacer, por iso se pode oír en galego "botar de menos", unha expresión que tampouco ten sentido se partimos dos seus constituíntes, simplemente é unha expresión fixa que ten asociado un sentido determinado. Por desgraza, esta expresión que non deixa de ser allea ó idioma, cunha formación "rara" (é un calco da castelá) está a desprazar outras formas galegas creadas polo propio idioma coma as que mencionei antes.
Á parte das formas que mencionei arriba baseadas no verbo "topar" ou "atopar" hai outras que utilizan o verbo poñer. Aínda que tamén parece un pouco "rara" e non é fácil deducir o seu significado partindo dos constituíntes, a frase feita "poñer en falta" significa o mesmo ca "topar en falta", decatarse da falta de..., esta forma é propia do occidente da Coruña, da zona de Camariñas.
As formas topar en falta, topar de falta, topar a faltar, notar a falta de... utilízanse co significado de 'decatarse de que falta algo ou alguén', 'darse de conta de que algo ou alguén non está', no sentido físico e emocional, pero para referirse expecificamente ó plano emocional, á tristura, dor ou pena pola falta de alguén adóitase utilizar o verbo sentir: sentir a falta de alguén ou simplimente sentir, como por exemplo: Cando lle marchou o fillo da casa sentiucho ben!; coitadas, sentiron muito a falta da nai.

Curioso o camiño que seguen as palabras.
ResponderEliminar