tag:blogger.com,1999:blog-5742548195170419148.post6759930492764833329..comments2023-02-02T23:59:22.666+01:00Comments on DA CERNA: O TEMPOX. Lois Sío Vidalhttp://www.blogger.com/profile/07560814136688631994noreply@blogger.comBlogger3125tag:blogger.com,1999:blog-5742548195170419148.post-85086658066580862412013-04-23T15:05:45.568+02:002013-04-23T15:05:45.568+02:00De calquera maneira, a min utilizar neste contexto...De calquera maneira, a min utilizar neste contexto o pretérito imperfecto: onte ía frío. Eu podería dicir tranquilamente: mira que ía frío onte eh!!!X. Lois Sío Vidalhttps://www.blogger.com/profile/07560814136688631994noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5742548195170419148.post-11709618060630436842013-04-23T14:11:37.091+02:002013-04-23T14:11:37.091+02:00Antes de nada quero aclarar que os meus comentario...Antes de nada quero aclarar que os meus comentarios sobre o que pra min é normal ou o que "se oe" son referidos á miña zona dialectal, no sur de Pontevedra. Aclarado isto, a min pásame coma a ti, eu non teño oído utilizar o verbo ir en preterito perfecto pra falar do tempo atmosférico, iso non quere dicir que noutras zonas non se utilice. De feito, en xente que utiliza o verbo "ir" pra falar do tempo atmosférico pódense oír frases coma a que pos ti: "onte fixo frío", convinan o verbo ir e o facer, pero este último só no pretérito perfecto. Normativamente non é correcto, o verbo facer non se debe utilizar pra expresar o tempo atmosférico, son os verbos ir ou estar os que se utilizan na lingua tradicional. O motivo desta "anomalía" non sei cal é, que se introduza o verbo facer neses contextos en pasado parece un pouco sospeitoso e case podería dicir que é un castelanismo. No texto arriba se cadra non deixo moi claro unha alternativa, pero si que teño algún exemplo. Co verbo "quedar": "onte quedou unha noite fría de moito nabo!", "teñen quedado unhas noites frías...!"; co verbo estar: "onte estivo un día de frío coma no inverno", "estes días estivo o tempo frío de verdá"; co verbo ir: "onte foi un día de calor como xa non se acordaba!", "esta semana foi das máis frías do inverno". Se te das conta nestes usos o verbo nunca se refire ó fenómeno meteorolóxico, senón a como foi o período de tempo a que se refire.<br />Como xa che dixen antes, a min sóame raro "onte foi frío", teoricamente debería de ser correcto, e seguramente que haxa quen o di así, pero por algún motivo non é a forma máis estendida.<br />Este comentario é máis intuitivo ca científico, se encotro algún estudo sobre isto publicareino no blog.<br />Grazas por lerme!!X. Lois Sío Vidalhttps://www.blogger.com/profile/07560814136688631994noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5742548195170419148.post-44392389897532406642013-04-22T21:36:09.540+02:002013-04-22T21:36:09.540+02:00Interesante entrada, atopeina buscando unha explic...Interesante entrada, atopeina buscando unha explicación ao emprego do verbo IR expresando o tempo atmosférico, xa que nunca escoitara ese verbo no pretérito perfecto. Quería saber cal se debería empregar no seu lugar, mais non o alclaras. Sería o verbo FACER? "Onte fixo frío"?<br />Graciñas!Anonymousnoreply@blogger.com